Xurelos en escabeche

Preparación

Botamos sal ao peixe, rebozámolo en fariña e fritimos en aceite de oliva, un par de minutos de cada lado.

Poñemos aceite nunha tixola limpa e fileteamos o allo, cando comece a tomar cor, engádese a cebola, espolvorea sal e pementa negra e déixase rehogar.

Cando a cebola estea rehogada, apaga o lume e engade o pemento, revolve ben, agrega o vinagre e as follas de loureiro e envórcase o sofrito sobre os xurelos.

Convén que estean macerando unha hora mínimo, pero podes telos ben tapados na neveira entre 4 e 5 días.

Ingredientes
Para catro persoas:
  • 1 kg de Xurelos frescos, limpos e sen cabeza
  • Fariña para rebozar
  • 4 follas de Loureiro
  • 1 Cebola mediana
  • 2 dentes de Allo
  • 300 ml de Aceite de oliva virxe extra
  • 100 ml de Vinagre suave
  • 2 cucharaditas de Pemento doce
  • Sal e Pementa negra
Xurelos en escabeche
Xunta de Galicia - Consellería de Economía, Emprego e Industria
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia