Peixe sapo en salsa verde

Preparación

Comezamos pochando ao lume lento a cebola e o allo. Ata que quede transparente. Nuns 10-12 minutos estará.

Cando estea pochada, agregamos unha cullerada de fariña e cociñamos uns minutos. Isto fará que a salsa quede un pouco espesa.

Incorporamos o caldo de peixe. E moito mellor aproveitar un caldo de peixe caseiro.

Agregar os toros de peixe sapo. Conxuntamente coas ameixas que mercamos ao pescadeiro.

Poñemos un pouco de sal e incorporámolo á salsa. Guisamos 4 minutos por cada lado (ou 5 se os toros son moi grandes).

1 minuto antes de servir espolvoreamos o perexil fresco. É importante que o perexil sexa fresco. Para iso podémolo pedir ao mesmo pescadeiro ou no propio mercado.

Emplatar 2 toros e abundante salsa a cada comensal.

Ingredientes
Para catro persoas:
  • 8 toros de Peixe sapo
  • 300 gramos de Ameixas
  • 1 Cebola
  • 1 Allo
  • 350 ml de Caldo de peixe caseiro
  • 1 cullerada de Fariña
  • Perexil fresco
  • Sal
Peixe sapo en salsa verde
Xunta de Galicia - Consellería de Economía, Emprego e Industria
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia