Pescada en caldeirada
Preparación
Lavar e pelar as patacas, logo cortámolas en toros medianos e poñémolas a cocer con moi pouca auga, practicamente ao vapor.
Engadimos tamén a cebola en toros grosos.
Esperamos uns 10 minutos a que estea feita a pataca e entón metemos a pescada, previamente limpa e en toros, na cacerola.
Aproximadamente aos 8 ou 10 minutos apagamos o lume e deixamos que se cociñe ao vapor. Engadimos follas de perexil para que lle dea aroma.
Mentres, facemos a allada. Poñemos o aceite ao lume medio forte, engadímoslle 2 dentes de allo e cando estea dourado engadímoslle pemento e poñemos un cullerón do caldo da pescada.
Ingredientes
Para catro persoas:- 8 toros de Pescada
- 700 gr de Patacas
- 150 ml. de Aceite de oliva virxe extra
- 3 dentes de Allo
- 1,3 litros de Auga
- 1 culler de té de Sal
- 1 ramillete de Perexil picado
- 1 culler de té de Pemento doce