Bacaladitos (Lirios) rebozados

Preparación

Os bacaladitos, unha vez preparados polo pescadeiro, débense de salgar ao gusto directamente un por un.

Enfariñar os bacaladitos: Colle un prato e vota a fariña de xeito uniforme. Despois, colle dun en un os bacaladitos e rebózaos en fariña por ambos lados.

Con apoialo e que colla el só a fariña do prato é suficiente. Non é necesario apretar, nin untar, nin botar fariña por encima para que quede totalmente cuberto. Repite esta operación co resto dos bacaladitos.

Rebozar os bacaladitos nos ovos (opcional).

Unha vez enfariñados, botamos os ovos nun prato e batémolos ben. Cando o teñamos listo, colleremos os bacaladitos e empaparémolos de ovo por ambos os lados de maneira uniforme. Repetiremos a operación co resto do peixe.

Non é necesario que chorree o ovo. Con volta e volta quedarán cubertos practicamente.

Fritir os bacaladitos rebozados.

Poñemos unha tixola grande con aceite de oliva a lume medio/alto. Unha vez que o aceite estea quente, iremos botando de dous en dous os bacaladitos á tixola. Dese modo iranse fritindo. Adoitan tardar en fritirse 2 Minutos por cada lado aproximadamente (dependerá da intensidade de cada vitrocerámica ou lume).

Botar nun prato cun papel de cociña.

Segundo vaian collendo aspecto dourado, iremos sacando da tixola e botando nun prato que teña un papel de cociña estendido sobre o mesmo. Dese modo, o papel absorberá o aceite sobrante do bacaladito e farémolo así máis saudable.

Ingredientes
Para catro persoas:
  • 8 Bacaladitos
  • 2 Ovos
  • 50 gr de Fariña
  • Sal ao gusto
  • Aceite de Oliva
Bacaladitos rebozados
Xunta de Galicia - Consellería de Economía, Emprego e Industria
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia