Quen somos
A Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña é unha asociación sen ánimo de lucro que dende o ano 2000 loita sen descanso por defender os intereses do sector e mellorar as condicións laborais dos seus asociados. O noso área de influencia é rexional e abranguemos a comunidade autónoma de Galicia.
Estamos integrados en Fedepesca, Federación Nacional de Detallistas, asociación que representa a máis de 14.000 empresas do sector minorista a nivel nacional e defende os seus asociados tanto a nivel nacional como internacional.
As súas orixes prodúcense tras uns conflitos que xurdiron no porto da Coruña coa venda vespertina de peixe; por iso, o colectivo decidiu reunirse e crear unha asociación que defendese os intereses do colectivo. Así xurdiu a Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña, que hoxe en día segue loitando polos intereses do sector.