Mexillóns á mariñeira
Elaboración
Lavar ben os mexillóns retirándolles as barbas ( pelillos laterais que saen das cunchas), despois limpamos as cunchas por fóra para eliminar todos os restos.
Unha vez limpos abrímolos ao vapor. Para iso colocamos os mexillóns nunha cazola con moi pouca auga, sal e as follas de loureiro. Tapamos a cazola e levámola a ebulición. Deixamos ata que as cunchas estean abertas (un minuto aproximadamente) e retiramos do lume.
O seguinte paso é separar as cunchas. Pasamos a parte que ten o mexillón a outra pota e reservamos. Se temos unha cociña de gas podemos colocalas sobre unha cazola de barro. Coamos a auga de cocción coa axuda dun "coador chinés" e gardámola para usar máis adiante.
Preparación da salsa mariñeira e montaxe
Poñemos un pouco de aceite nunha tixola e engadimos a cebola picada. Cando estea dourada incorpórase o perexil picado e remóvese. Seguidamente espolvoreamos as culleradas de fariña, removemos e deixamos que tome cor.
A continuación vertemos o caldo do cociñado do marisco, o viño branco e coa axuda dunha culler incorporamos o pemento. Mesturamos ben todos os ingredientes e deixamos cocer uns 5 minutos removendo de cando en vez.
Vertemos as salsa na pota onde temos os mexillóns e deixamos que coza 1 ou 2 minutos a lume medio, meneando para que a salsa espese e non se peque ao fondo.
Antes de servir deixamos uns minutos para que a salsa repouse. Se os temos preparados nunha cazola de barro podemos presentalos directamente nela.
Ingredientes (para 4 persoas)
- 3 kg. de mexillóns
- 7 follas de loureiro
- 3 cebolas pequenas picadas
- 1 cullerada de pemento da Vera
- 3 culleradas de fariña de trigo
- 1 vaso de viño branco
- 1 vaso do caldo do cociñado dos mexillóns
- 1 feixe de perexil fresco
- Sal
- Aceite de oliva virxe extra