Pescada
A Pescada, peixota, pescadilla ou carioca (segundo o tamaño),(Merluccius merluccius) é un peixe coñecido tamén en España cos nomes de Merluza e Pescadilla (segundo o tamaño). É un peixe branco e de auga salgada da familia dos merlúcidos, de carne saborosa e suave, que permite múltiples preparacións culinarias, desde as máis sinxelas ás máis sofisticadas. Está distribuída polas costas de case toda Europa e o norte de África.
Habita nunha profundidade media de 200 metros. Vive en temperaturas na orde dos 5 °C. Aliméntase de peces máis pequenos, crustáceas luras e zooplancton.
A calidade da pescada depende da arte empregada. As máis apreciadas son as do día, capturada con artes de anzol ou palangres "do petisco" e volante, pois a súa carne chega menos golpeada. Está prohibida a captura e comercialización das crías, coñecidas como "cariocas". O principal caladoiro de pesca é o de Gran Sol. O seu tamaño é de 80 a 130 cm. cun peso de 2 a 10 kg.
É pescada en abundancia, sendo unha especie moi comercializada e abundante nos mercados. É un dos peixes máis usados na cociña española (6 kg/ persoa/ ano).